Edit Content

Sobre nós

En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.

19 de Agosto de 2025

Blog

A historia de Goldie e os Bondos

Nacía o século XX cando Richard Duro, un británico de Ilkeston que pasou a vida rabuñando en escuras galerías o carbón que alimentou a Revolución Industrial, creou un pequeno can de madeira para que o seu fillo, do mesmo nome, xogase. Chamárono Blackie. Cando aquel neno medrou e foi pai, deullo ao seu primoxénito, tamén Richard e, por suposto, tamén Duro. Este último casou cunha galega e acabou vivindo en Galicia cos seus catro fillos. Neste punto a tradición varía, pois foi o terceiro irmán, Andrés, quen conseguiu a custodia de Blackie.

O xoguete conservouse preto de 120 anos en mans da familia e agora o bisneto daquel primeiro Duro dálle continuidade ao crear copias do orixinal, así como novas versións, coa madeira da gran castiñeira da Gargalleira: son os Bondos.

Cada Bondo é único. Os seus corpos, orellas, fociños e patas diferéncianos entre si e en moitas ocasións inspíranse nos habitantes caninos da Gargalleira.

Están feitos a man, con mimo e esmero. A madeira é pulida ata que o poro é imperceptible. Despois humedecémola ata seis veces para ir eliminando o repelo en sucesivas pasadas de lixa e finalmente tratámola con lasur para conservar a suavidade conseguida e protexela da humidade. Por iso, polo brillo e a tonalidade dourada do castiñeiro, anuncian un tempo de liberdade que contrasta coa existencia mineira do creador orixinal. Conservando tamén a esencia artesá e enxeñosa do vello Blackie, as partes de cada Bondo únense co mesmo sistema do orixinal: pinzas para o pelo.

Os descendentes galegos de Blackie chámanse Bondo en honra do primeiro integrante da manda Gargalleira nado nela.


Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

Sobre nós

En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.

Newsletter