Edit Content

Sobre nós

En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.

Coidar a Terra

13Ferrados

O noso compromiso coa natureza

En 13ferrados cremos que coidar a nosa contorna é parte do noso proxecto vital. Cada acción busca reducir a nosa pegada ambiental e protexer os bosques, prados e ríos que nos rodean.

O noso compromiso ecolóxico

A nosa produción fornécese integramente da enerxía solar, que alimenta non só ás ferramentas eléctricas, senón tamén as instalacións, provisión de auga e todo o preciso para o traballo da madeira. Empregamos a madeira de árbores maiores, caídas ou secas e das podas naturais, permitindo que as máis novas medren para asegurar a sostibilidade natural do territorio. As nosas embalaxes son reutilizadas e fomentamos que cada peza reduza ao máximo o seu impacto ecolóxico durante o envío. Só traballamos cando non chove, porque o facemos ao aire libre.

Trazabilidade e materiais

Os materiais das nosas pezas son sostibles e trazables. Na descrición de cada traballo explicamos a súa procedencia e tratamento. A meirande parte da madeira é Km.0 e tamén engadimos madeiras recicladas de construcións abandoadas, palets desbotados ou mobles antigos.

A estrela da nosa primeira colección é a gran castiñeira central, derrubada en 2021 tras secarse. Cada peza entrégase acompañada dun certificado de trazabilidade e, baixo demanda o cálculo da se pegada de carbono xerada na elaboración (neutra9 e mais o envío.

Pegada ambiental e de carbono

A pegada directa das nosas pezas é neutra: a enerxía usada provén do sol, polo que non se emite CO₂ durante o proceso de elaboración. As emisións indirectas —materiais funxibles, carburante dos vehículos, remota e colateral dos dispositivos electrónicos, tala puntual ou transporte de ferramentas— compensámolas traballando na primavera e no verán dentro do bosque, optimizando recursos e reutilizando materiais.