Edit Content

Sobre nós

En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.

Condicións da garantía

Todas as nosas pezas contan coa garantía legal de dous anos.

A garantía cubre en primeira instancia a reparación da peza. De non ser posible a reparación, acordarase coa persoa adquirinte ben a compensación con outra de características e uso semellantes, ben a devolución do importe.

A garantía non inclúe consecuencias de pinturas ou outras intervencións realizadas sobre a peza orixinal, exceso de carga, limpeza con xabóns, desengraxantes, produtos abrasivos ou calquera diferente da indicada na ficha da peza, mala ancoraxe, roturas ou fendas por golpes ou caídas, uso en espazos exteriores (consecuencias de sol directo, chuvia, etc) ou outros danos que poidan derivar dun mal uso.

Modo de compra, embalaxe, prazo de entrega

Contacta connosco e acordaremos estes detalles directamente contigo. Poderás escoller entre unha embalaxe reutilizada ou unha feita a medida con madeira reciclada. Tamén acordaremos o prazo de entrega e, incluso, podes vir buscar a túa peza a Silleda, aforrando gastos de envío, ou pedirnos que cha vaiamos instalar (máximo, nun radio de 90 km desde Silleda).

As embalaxes a medida e a instalación terán un custe engadido que se calculará dependendo do prazo, o tamaño da peza e a distancia.