Edit Content

Sobre nós

En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.

Identidade

Sobre Nos

A chave está na natureza

13ferrados forma parte de A Gargalleira, un fermoso terreo de 5 ha no corazón de Galicia, onde nos instalamos a comezos desta década.

Nel conviven prados e touzas —zonas arboradas poboadas principalmente por castiñeiras, carballos e acivros—, xunto con bosques de ribeira (salgueiros, bidueiros, ameneiros e sabugueiros, sobre todo) na contorna do regato da Mera–Gouxa, que atravesa o predio.

O noso proxecto vital

En 2020 deixamos atrás a cidade e viñemos vivir aquí, cos pés na herba e as cabezas centradas na sostibilidade e a natureza, para poñer en marcha o noso proxecto vital de cara ao noso próximo medio século de vida.

A Gargalleira acóllenos e 13ferrados é unha das súas facetas.

Llerena & Andrés
Equipo impulsor

Recursos e estilo de vida

Dispoñemos de:

  • Auga de manancial para beber, limpar e regar

  • Dez placas fotovoltaicas con inversor e batería.

  • Estufa de leña e un refuxio ecolóxico como vivenda.

Quentámonos coa madeira de podas e árbores secas. Ademais, coidamos a horta, aves, ovellas, cans e gatos.

Filosofía

Non pretendemos (aínda) alcanzar a soberanía alimentaria, nin nos desconectamos de outras realidades, pero si camiñamos cara a:

  • máxima autosuficiencia posible

  • sustentabilidade

  • Unha economía circular

  • Pegadas de carbono e ecolóxica neutras

Inspiration

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis.

Crafting

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis.

Sharing

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis.