Edit Content

Sobre nós

En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.

Pieza

BONDOS

Os Bondos son pezas artesás que homenaxean un xoguete doutro tempo. Cada Bondo é único. Os seus corpos, orellas, fociños e patas diferéncianos entre si e en moitas ocasións inspíranse nos habitantes caninos da Gargalleira.

Están feitos a man, con mimo e esmero. A madeira é pulida ata que o poro é imperceptible. Despois humedecémola ata seis veces para ir eliminando o repelo en sucesivas pasadas de lixa e finalmente tratámola con lasur para conservar a suavidade conseguida e protexela da humidade. Por iso, polo brillo e a tonalidade dourada do castiñeiro, anuncian un tempo de liberdade que contrasta coa existencia mineira do creador orixinal. Conservando tamén a esencia artesá e enxeñosa do vello Blackie, as partes de cada Bondo únense co mesmo sistema do orixinal: pinzas para o pelo.

AVISO IMPORTANTE

Nos estándares actuais, os BONDO non son xoguetes axeitados para crianzas pequenas, pois existe o risco de que consigan separar as pezas articuladas e/ou as pinzas. Por conseguinte, desaconsellamos o seu uso como xoguete para persoas menores de 7 anos.

 

222,00  (IVE incluído)

Colección

Medidas

Alto 130 mm

Ancho 200 mm

Fondo 20 mm

Peso

0,2 kg (sen embalaxe)

Material principal

Castiñeiro macizo

Outros materiais

Pinzas para o pelo

Tratamento da madeira

Descortizada e pulida ata chegar a un gran 320, tras recibir seis pasadas de auga para eliminar todo o repelo e protexida con lasur incoloro á auga para protección e mantemento da cor orixinal, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.

Cor

Madeira de castiñeiro natural. Varía segundo a consistencia, sendo máis escura nos bordes ou nas áreas onde os taninos protexeron á árbore cando vivía.

As cores da madeira poden variar nas fotografías e á vista, dependendo da luz á que se expoñan.

Co paso do tempo a madeira irá adquirindo unha pátina máis escura.

Se é situada nun lugar onde fique exposta á luz solar directa, escurecerá máis.

Consellos de instalación

Os Bondos entréganse montados e listos para xogar e decorar. As súas articulacións permiten diversas posturas, a cada unha máis riquiña.

Limpeza e mantemento

Limpar, tanto a madeira coma as pinzas, unicamente cun plumeiro ou cun pano limpo lixeiramente humedecido para retirar po ou graxa e deixar secar antes de xogar con el.

Pezas da mesma colección