En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.
O cabeceiro de cama XABRE foi elaborado integramente con madeira da nosa castiñeira, axudada unicamente por varas de ferralla.
A súas medidas fano apto para camas de entre 135cm e 160cm.
Trátase da sección dun taboleiro correspondente á parte exterior do tronco da castiñeira, de aí as formas irregulares dun dos laterais. Tanto na parte superior como na inferior se aprecian las preciosas marcas dos xilófagos que coidaron da árbore mentres vivía. Para compensar o movemento natural das súas formas, no outro lateral (á dereita segundo la perspectiva de quen observa a peza colocada), realizamos un corte recto.
Seis varas de ferralla de 12mm de grosor actúan como soportes, rematando nun pé de castiñeiro.
Medidas
Alto con pés 106 mm
Longo 161 mm
Ancho 510 mm
Grosor táboa 40 mm
Peso
28,3 kg (sen embalaxe)
Capacidade de carga
Non procede
Material principal
Castiñeiro macizo
Outros materiais
Ferralla (ferro corrugado) reutilizado
Tratamento da madeira
Descortizada e pulida ata chegar a un gran 320, tras recibir seis pasadas de auga para eliminar todo o repelo e protexida con lasur incoloro á auga para protección e mantemento da cor orixinal, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.
Cor
Madeira de castiñeiro natural. Varía segundo a consistencia, sendo máis escura nos bordes ou nas áreas onde os taninos protexeron á árbore cando vivía.
As cores da madeira poden variar nas fotografías e á vista, dependendo da luz á que se expoñan.
Co paso do tempo a madeira irá adquirindo unha pátina máis escura.
Se é situada nun lugar onde fique exposta á luz solar directa, escurecerá máis.
A ferralla mantén a súa cor orixinal e mais as marcas de óxido, o cal foi tratado para que se estanque e non desprenda pó, tinxa a madeira ou se deteriore.
Consellos de instalación
O cabeceiro XABRE entrégase montado. Só hai que colocalo no lugar escollido, apoiado contra a parede, e poñer o somier co seu colchón diante. Baixo pedido, é posible engadir á adquisición un sistema de fixación á parede.
Limpeza e mantemento
Limpar unicamente cun pano limpo lixeiramente humedecido para retirar polvo ou graxa e deixar secar antes de volver apoiar elementos contra a peza.
En 13Ferrados unimos tradición e creatividade para dar vida a produtos auténticos, inspirados en Galicia e elaborados con compromiso, paixón e convicción.
Para brindar la mejor experiencia, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. Su consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o los identificadores únicos en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo podría afectar negativamente a ciertas características y funciones.