En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.
Mesa de noite ou balda flotante.
As mesas de noite GOUXA e MERA son o acompañamento ideal para o cabeceiro de cama XABRE, pois proceden do mesmo taboleiro da nosa castiñeira. Nos seus bordes aprécianse as terminacións do taboleiro e os rastros do traballo dos xilófagos.
Medidas
Longo 470 mm (superficie útil: 355 mm)
Fondo 301 mm
Grosor táboa 40 mm
Peso
4,9 kg (sen embalaxe)
Capacidade de carga
5 kg
Material principal
Castiñeiro macizo
Outros materiais
Ferralla (ferro corrugado) reutilizada
Tratamento da madeira
Descortizada e pulida ata chegar a un gran 320, tras recibir seis pasadas de auga para eliminar todo o repelo e protexida con lasur incoloro á auga para protección e mantemento da cor orixinal, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.
Cor
Madeira de castiñeiro natural. Varía segundo a consistencia, sendo máis escura nos bordes ou nas áreas onde os taninos protexeron á árbore cando vivía.
As cores da madeira poden variar nas fotografías e á vista, dependendo da luz á que se expoñan.
Co paso do tempo a madeira irá adquirindo unha pátina máis escura.
Se é situada nun lugar onde fique exposta á luz solar directa, escurecerá máis.
Consellos de instalación
Consta de dúas pezas. A máis estreita é a que debe ser fixada á parede cos parafusos que xuntaremos. Despois, só hai que introducir as varas que sobresaen da parte máis ancha nos orificios da máis estreita e empurrar un pouco para que queden ben ensambladas.
Limpeza e mantemento
Limpar, tanto a madeira coma o ferro, unicamente cun pano limpo lixeiramente humedecido para retirar po ou graxa e deixar secar antes de volver colocar elementos sobre a peza.
Non pousar sobre a madeira obxectos mollados ou que a poidan tinxir.
En 13Ferrados unimos tradición e creatividade para dar vida a produtos auténticos, inspirados en Galicia e elaborados con compromiso, paixón e convicción.
Para brindar la mejor experiencia, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. Su consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o los identificadores únicos en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo podría afectar negativamente a ciertas características y funciones.