Edit Content

Sobre nós

En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.

Pieza

Mesa MÁMOA

A mesa MÁMOA elaborouse con madeira da nosa castiñeira, axudada unicamente por varas de ferralla de obra, das que se usan para os encofrados, reutilizadas.

O deseño evoca os característicos e fermosos túmulos neolíticos que en Galicia se chaman mámoas.

O tamaño faina ideal para mesa de centro, mesa auxiliar ou soporte de elementos artísticos ou decorativos.

1.694,00  (IVE incluído)

Colección

Medidas

Alto 380 mm

Diámetro máximo 530 mm

Grosor táboa 450 mm

Peso

13,5 kg (sen embalaxe)

Capacidade de carga

80 kg

Material principal

Castiñeiro macizo

Outros materiais

Ferralla (ferro corrugado) reutilizada

Tratamento da madeira

Descortizada e pulida ata chegar a un gran 320, tras recibir seis pasadas de auga para eliminar todo o repelo e protexida con lasur incoloro á auga para protección e mantemento da cor orixinal, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.

Cor

Madeira de castiñeiro natural. Varía segundo a consistencia, sendo máis escura nos bordes ou nas áreas onde os taninos protexeron á árbore cando vivía. As cores da madeira poden variar nas fotografías e á vista, dependendo da luz á que se expoñan. Co paso do tempo a madeira pode escurecer lixeiramente, en especial se está exposta á luz solar directa.

A ferralla mantén a súa cor orixinal e mais as marcas de óxido, o cal foi tratado para que se estanque e non desprenda po, tinxa a madeira ou se deteriore.

Consellos de instalación

A mesa MÁMOA entrégase montada. Só hai que colocala no lugar escollido.

Limpeza e mantemento

Limpar, tanto a madeira coma o ferro, unicamente cun pano limpo lixeiramente humedecido para retirar po ou graxa e deixar secar antes de volver colocar elementos sobre a peza.

Non pousar sobre a madeira obxectos mollados ou que a poidan tinxir.

 

 

Pezas da mesma colección