Sobre nós

En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.

Pieza

Multi proposta COIRO

A peza COIRO é axeitada para diversos usos: mesa auxiliar, banco, mesa de centro, peaña ou incluso elemento decorativo.

Traballada a partir dun toco de póla da castiñeira, un retallo de coiro procedente da correa dunha vella guitarra, abraza a peza e actúa como contención para que as fendas derivadas do seu proceso de secado non se expandan, garantindo a estabilidade estrutural.

Os pequenos pés que a sustentan e colocan a nivel son de buxo.

726,00 € (IVE incluído)

Colección

Medidas

Alto 290 mm

Diámetro máximo 435 mm

Peso

21,2 kg (sen embalaxe)

Capacidade de carga

80 kg

Material principal

Castiñeiro macizo

Outros materiais

Coiro: reutilizado procedente dunha correa de guitarra

Madeira de buxo

Parafusos

Tratamento da madeira

Na base e na tapa, descortizada e pulida ata chegar a un gran 320, tras recibir seis pasadas de auga para eliminar todo o repelo e protexida con lasur incoloro á auga para protección e mantemento da cor orixinal, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.

Na contorna, pulida con suavidade para non eliminar toda a floema, de xeito que as marcas de xilófagos perduren. Protexida despois con lasur incoloro á auga para protección e mantemento da cor orixinal, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.

Os pés de buxo tamén foron lixeiramente pulidos e tratados con lasur.

Cor

Madeira de castiñeiro natural. Varía segundo a consistencia, sendo máis escura nos bordes ou nas áreas onde os taninos protexeron á árbore cando vivía.

As cores da madeira poden variar nas fotografías e á vista, dependendo da luz á que se expoñan.

Co paso do tempo a madeira irá adquirindo unha pátina máis escura.

Se é situada nun lugar onde fique exposta á luz solar directa, escurecerá máis.

Consellos de instalación

A peza multi proposta XILÓGLIFO non precisa montaxe. Só hai que colocala no lugar escollido.

Limpeza e mantemento

Para a madeira: limpar unicamente cun pano limpo lixeiramente humedecido para retirar po ou graxa e deixar secar antes de volver colocar elementos sobre a balda da peza.

A peza multi proposta XILÓGLIFO presenta fendas e estrías producidas no seu proceso de secado. Se é exposta á chuvia, alta humidade ou sol directo, estas fendas poderían abrirse. Por iso, e aínda que a colección CASTIÑEIRA só conta con pezas aptas para interiores, nesta peza facemos un recordatorio específico.

Para o coiro: limpar unicamente cun pano limpo e seco ou un plumeiro. É recomendable aplicar unha noz de crema hidratante de xeito homoxéneo cada seis ou doce meses, dependendo da humidade relativa da estancia (a menor humidade, máis frecuencia).

Non pousar sobre a madeira obxectos mollados ou que a poidan tinxir.

 

 

Pezas da mesma colección