En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.
A peza XILÓGLIFO é axeitada para diversos usos: mesa auxiliar, banco, mesa de centro, peaña ou incluso elemento decorativo.
Traballada a partir dun toco de póla da castiñeira, un retallo de coiro —procedente da correa dun bolso para cámaras fotográficas dos anos cincuenta— abraza a peza e actúa como contención para que as fendas derivadas do seu proceso de secado non se expandan, garantindo a estabilidade estrutural.
Os pequenos pés que a sustentan e colocan a nivel son de buxo.
Medidas
Alto 295 mm
Diámetro máximo 350 mm
Peso
19,1 kg (sen embalaxe)
Capacidade de carga
80 kg
Material principal
Castiñeiro macizo
Outros materiais
Coiro: reutilizado procedente dun bolso para cámaras fotográficas dos anos cincuenta
Madeira de buxo
Parafusos
Tratamento da madeira
Na base e na tapa, descortizada e pulida ata chegar a un gran 320, tras recibir seis pasadas de auga para eliminar todo o repelo e protexida con lasur incoloro á auga para protección e mantemento da cor orixinal, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.
Na contorna, pulida con suavidade para non eliminar toda a floema, de xeito que as marcas de xilófagos perduren. Protexida despois con lasur incoloro á auga para protección e mantemento da cor orixinal, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.
Os pés de buxo tamén foron lixeiramente pulidos e tratados con lasur.
Cor
Madeira de castiñeiro natural. Varía segundo a consistencia, sendo máis escura nos bordes ou nas áreas onde os taninos protexeron á árbore cando vivía.
As cores da madeira poden variar nas fotografías e á vista, dependendo da luz á que se expoñan.
Co paso do tempo a madeira irá adquirindo unha pátina máis escura.
Se é situada nun lugar onde fique exposta á luz solar directa, escurecerá máis.
Consellos de instalación
A peza multi proposta XILÓGLIFO non precisa montaxe. Só hai que colocala no lugar escollido.
Limpeza e mantemento
Para a madeira: limpar unicamente cun pano limpo lixeiramente humedecido para retirar po ou graxa e deixar secar antes de volver colocar elementos sobre a balda da peza.
A peza multi proposta XILÓGLIFO presenta fendas e estrías producidas no seu proceso de secado. Se é exposta á chuvia, alta humidade ou sol directo, estas fendas poderían abrirse. Por iso, e aínda que a colección CASTIÑEIRA só conta con pezas aptas para interiores, nesta peza facemos un recordatorio específico.
Para o coiro: limpar unicamente cun pano limpo e seco ou un plumeiro. É recomendable aplicar unha noz de crema hidratante de xeito homoxéneo cada seis ou doce meses, dependendo da humidade relativa da estancia (a menor humidade, máis frecuencia).
Non pousar sobre a madeira obxectos mollados ou que a poidan tinxir.
En 13Ferrados unimos tradición e creatividade para dar vida a produtos auténticos, inspirados en Galicia e elaborados con compromiso, paixón e convicción.
Para brindar la mejor experiencia, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. Su consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o los identificadores únicos en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo podría afectar negativamente a ciertas características y funciones.