Sobre nós

En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.

Pieza

Balda ULLA

As baldas TOXA, DEZA e ULLA son perfectas para crear espazos de almacenaxe ou exhibición en calquera parede.

Fixémolas a partir dos taboleiros de 150cm resultantes da serra do tronco da castiñeira e proceden, por tanto, da parte superior da árbore.

Nas baldas procuramos sempre cortes limpos con ángulos que garanten un axuste correcto contra calquera muro, mais deixando os bordes ondulados e vibrantes, decorados polos trazos dos xilófagos, na cara exenta. Deste xeito, cada balda é unha peza irrepetible e, usadas en conxunto, achegan versatilidade e dinamismo á parede máis anódina.

181,50 € (IVE incluído)

Colección

Medidas

Longo 1000 mm

Fondo 200 mm

Grosor táboa 40 mm

Peso

5,2 kg (sen embalaxe)

Capacidade de carga

Dependerá do sistema de suxeición á parede

Material principal

Castiñeiro macizo

Outros materiais

Non

Tratamento da madeira

Descortizada e pulida ata chegar a un gran 320, tras recibir seis pasadas de auga para eliminar todo o repelo e protexida con lasur incoloro á auga para protección e mantemento da cor orixinal, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.

Cor

Madeira de castiñeiro natural. Varía segundo a consistencia, sendo máis escura nos bordes ou nas áreas onde os taninos protexeron á árbore cando vivía.

As cores da madeira poden variar nas fotografías e á vista, dependendo da luz á que se expoñan.

Co paso do tempo a madeira irá adquirindo unha pátina máis escura.

Se é situada nun lugar onde fique exposta á luz solar directa, escurecerá máis.

Consellos de instalación

As baldas TOXA, DEZA e ULLA preséntanse exentas de sistemas de fixación co obxecto de que quen a adquira poida escoller o sistema preferido. Baixo pedido, podemos fornecer sistemas, tanto visibles coma invisibles.

Limpeza e mantemento

Limpar unicamente cun pano limpo lixeiramente humedecido para retirar po ou graxa e deixar secar antes de volver colocar elementos sobre a peza.

Non pousar sobre a madeira obxectos mollados ou que a poidan tinxir.

 

 

Pezas da mesma colección