Sobre nós

En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.

Pieza

Colgadoiro MONTE LOURO

O colgadoiro MONTE é unha peza moi especial, xa que o seu perímetro superior corresponde a unha das partes máis bonitas do corte do tronco da castiñeira, con formas onduladas e gran movemento. É ideal para un recibidor ou vestidor.

As perchas son pezas rescatadas da reforma dunha estación de servizo, debidamente pulidas e tratadas, que achegan ao conxunto reminiscencias da estética industrial.

363,00 € (IVE incluído)

Colección

Medidas

Alto 320 mm

Longo 910 mm

Grosor táboa 40 mm

Fondo 100 mm

Peso

7,4 kg (sen embalaxe)

Capacidade de carga

3 kg por percha

Material principal

Castiñeiro macizo

Outros materiais

Perchas: pezas procedentes dunha remodelación nunha estación de servizo

Parafusos

Tratamento da madeira

Descortizada e pulida ata chegar a un gran 320, tras recibir seis pasadas de auga para eliminar todo o repelo e protexida con lasur incoloro á auga para protección e mantemento da cor orixinal, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.

Cor

Madeira de castiñeiro natural. Varía segundo a consistencia, sendo máis escura nos bordes ou nas áreas onde os taninos protexeron á árbore cando vivía.

As cores da madeira poden variar nas fotografías e á vista, dependendo da luz á que se expoñan.

Co paso do tempo a madeira irá adquirindo unha pátina máis escura.

Se é situada nun lugar onde fique exposta á luz solar directa, escurecerá máis.

Os colgadoiros semellan entre gris azulado e negro grafito dependendo da iluminación que reciban.

Consellos de instalación

O colgadoiro MONTE conta con dos orificios en la parte posterior que, ademais de servir para encaixar o soporte de fixación elixido, axudan para conseguir unha colocación a nivel. É importante que os soportes que se fixen na parede si estean a nivel con respecto ao chan da estancia.

Limpeza e mantemento

Limpar, tanto a madeira coma o metal, unicamente cun plumeiro ou cun pano limpo lixeiramente humedecido para retirar po ou graxa e deixar secar antes de volver pendurar elementos da peza.

Pezas da mesma colección