Sobre nós

En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.

Pieza

Colgadoiro NAO

O colgadoiro NAO xurdiu do fragmento que se desprendeu, durante o tempo de secado, dun taboleiro de 250cm da nosa castiñeira debido a unha fenda que probablemente provocou o raio.

De formas onduladas e gran movemento, inspirou este colgadoiro de case dous metros de longo, ideal para un recibidor amplo se é colocado en horizontal, mais tamén para aproveitar e vestir espazos exiguos se é situado en vertical.

As perchas son de madeira de buxo, procedentes dunha pola que nos acompaña desde hai máis de dúas décadas, cando a recollemos nun bosque preto de Santiago de Compostela.

544,50 € (IVE incluído)

Colección

Medidas

Alto 240 mm

Longo 1875 mm

Grosor táboa 40 mm

Fondo 130 mm

Peso

9,4 kg (sen embalaxe)

Capacidade de carga

3 kg por percha

Material principal

Castiñeiro macizo

Outros materiais

Madeira de buxo para as perchas

Parafusos

Tratamento da madeira

Descortizada e pulida ata chegar a un gran 320, tras recibir seis pasadas de auga para eliminar todo o repelo e protexida con lasur incoloro á auga para protección e mantemento da cor orixinal, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.

As perchas de buxo tamén foron lixeiramente pulidas e tratadas con lasur.

Cor

Madeira de castiñeiro natural. Varía segundo a consistencia, sendo máis escura nos bordes ou nas áreas onde os taninos protexeron á árbore cando vivía.

As cores da madeira poden variar nas fotografías e á vista, dependendo da luz á que se expoñan.

Co paso do tempo a madeira irá adquirindo unha pátina máis escura.

Se é situada nun lugar onde fique exposta á luz solar directa, escurecerá máis.

Consellos de instalación

A forma do colgadoiro NAO engana á vista. Por iso conta con dous orificios na parte posterior que, ademais de servir para encaixar o soporte de fixación elixido, axudan para conseguir unha colocación a nivel. É importante que os soportes que se fixen na parede si estean a nivel con respecto ao chan da estancia.

Limpeza e mantemento

Limpar, tanto a madeira coma o metal, unicamente cun plumeiro ou cun pano limpo lixeiramente humedecido para retirar po ou graxa e deixar secar antes de volver pendurar elementos da peza.

Pezas da mesma colección