En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.
A mesa FERRO componse dunha estrutura de ferro que un día foi o pé dunha mesa redonda auxiliar e mais dunha peza da nosa madeira da castiñeira. A mesa orixinal estaba rota e collendo po no sobrado do avó, así que decidimos rescatala. Invertemos a súa posición, tratamos o ferro para protexelo sen ocultar as pegadas do tempo, fixamos os novos pés e creamos unha tapa rectangular para darlle un aire menos clásico e aumentar a súa superficie útil.
Medidas
Alto 725 mm
Ancho 575 mm
Longo 575 mm
Grosor táboa 40 mm
Peso
9,4 kg (sen embalaxe)
Capacidade de carga
20 kg
Material principal
Castiñeiro macizo
Outros materiais
Ferro reutilizado
Tratamento da madeira
Descortizada e pulida ata chegar a un gran 320, tras recibir seis pasadas de auga para eliminar todo o repelo e protexida con lasur incoloro á auga para protección e mantemento da cor orixinal, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.
Cor
Madeira de castiñeiro natural. Varía segundo a consistencia, sendo máis escura nos bordes ou nas áreas onde os taninos protexeron á árbore cando vivía.
As cores da madeira poden variar nas fotografías e á vista, dependendo da luz á que se expoñan.
Co paso do tempo a madeira irá adquirindo unha pátina máis escura.
Se é situada nun lugar onde fique exposta á luz solar directa, escurecerá máis.
O ferro mantén a pintura negra orixinal, mais tamén as pegadas do paso do tempo, polo que se aprecian variacións e pequenas decoloracións.
Consellos de instalación
Abrir a base de ferro, que chegará pregada, de xeito que no eixo apreciemos ángulos de 45º. Situar a tapa encima, encaixando sobre cada tope das patas o desbaste destinado a iso.
Limpeza e mantemento
Limpar, tanto a madeira coma o ferro, unicamente cun pano limpo lixeiramente humedecido para retirar po ou graxa e deixar secar antes de volver colocar elementos sobre a peza.
Non pousar sobre a madeira obxectos mollados ou que a poidan tinxir.
En 13Ferrados unimos tradición e creatividade para dar vida a produtos auténticos, inspirados en Galicia e elaborados con compromiso, paixón e convicción.
Para brindar la mejor experiencia, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. Su consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o los identificadores únicos en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo podría afectar negativamente a ciertas características y funciones.