En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.
O espello TOSTA, concibido a partir dun segmento de taboleiro da castiñeira, é unha peza versátil que encherá coa súa soa presenza calquera recibidor, corredor, baño, aseo ou vestidor. Aínda que non seremos nós quen diga onde quedará mellor: é a túa casa, o teu negocio, o teu lugar.
Conservamos algunhas marcas na parte superior da peza porque lle aportan ese aspecto despeiteado e divertido que, ademais, proporciona un movemento delicioso.
Na parte inferior incluímos unha pequena balda embelecida co coiro da correa dunha vella guitarra, ideal para deixar os produtos de aseo, as flores, as gafas ou as chaves. Mais estas últimas, o mesmo ca o bolso ou a bufanda, tamén poden pendurarse do orixinal gancho.
Medidas
Alto 655 mm (+40mm gancho)
Ancho 380 mm
Fondo 135 mm
Grosor táboa 40 mm
Peso
7,8 kg (sen embalaxe)
Capacidade de carga
2 kg (Sobre a balda)
Material principal
Castiñeiro macizo
Outros materiais
Coiro: reutilizado procedente dunha correa de guitarra
Metal: gancho reutilizado procedente da remodelación dunha estación de servizo
Cristal de espello: reutilizado, é un fragmento recuperado dun espello de vestidor descartado
Parafusos, etc.
Tratamento da madeira
Descortizada e pulida ata chegar a un gran 320, tras recibir seis pasadas de auga para eliminar todo o repelo e protexida con lasur incoloro á auga para protección e mantemento da cor orixinal, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.
Cor
Madeira de castiñeiro natural. Varía segundo a consistencia, sendo máis escura nos bordes ou nas áreas onde os taninos protexeron á árbore cando vivía. As cores da madeira poden variar nas fotografías e á vista, dependendo da luz á que se expoñan. Co paso do tempo a madeira irá adquirindo unha pátina máis escura. Se é situada nun lugar onde fique exposta á luz solar directa, escurecerá máis.
Consellos de instalación
A forma do espello TOSTA engana á vista. Por iso conta con dous orificios na parte posterior que, ademais de servir para encaixar o soporte de fixación elixido, axudan para conseguir unha colocación a nivel. É importante que os soportes que se fixen na parede si estean a nivel con respecto ao chan da estancia.
Limpeza e mantemento
Para a madeira: limpar unicamente cun pano limpo lixeiramente humedecido para retirar po ou graxa e deixar secar antes de volver colocar elementos sobre a balda da peza.
Para o coiro: limpar unicamente cun pano limpo e seco ou un plumeiro. É recomendable aplicar unha noz de crema hidratante de xeito homoxéneo cada seis ou doce meses, dependendo da humidade relativa da estancia (a menor humidade, máis frecuencia).
Para o espello: como calquera espello. A nosa recomendación: un pouco de alento e un pano que non deixe febras, frotando suavemente. Outra opción excelente é combinar unha parte de vinagre de viño con tres de auga, vaporizar e limpar co mesmo pano ou papel de xornal.
Non pousar sobre a balda obxectos mollados ou que a poidan tinxir.
En 13Ferrados unimos tradición e creatividade para dar vida a produtos auténticos, inspirados en Galicia e elaborados con compromiso, paixón e convicción.
Para brindar la mejor experiencia, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. Su consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o los identificadores únicos en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo podría afectar negativamente a ciertas características y funciones.