Edit Content

Sobre nós

En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.

Pieza

Banco DÓLMEN

O banco DÓLMEN foi elaborado integramente con madeira da nosa castiñeira, axudada unicamente por varas de ferralla (ferro corrugado) das empregadas nas obras de construción.
O seu deseño evoca os dolmens, que son estruturas interiores dos característicos e fermosos túmulos neolíticos que en Galicia se chaman mámoas.

496,10  (IVE incluído)

Colección

Medidas
Alto 330 mm
Longo 930 mm
Ancho 390 mm
Grosor táboa 40 mm
Peso
11,6 kg (sen embalaxe)
Capacidade de carga
85 kg
Material principal
Castiñeiro macizo
Outros materiais
Ferralla (ferro corrugado) reutilizada
Tratamento da madeira
Descortizada e pulida ata chegar a un gran 320, tras recibir seis pasadas de auga para eliminar todo o repelo e nutrida con lasur incoloro á auga para protección e mantemento, resaltando a veta da madeira de castiñeiro.
Cor
Madeira de castiñeiro natural. Varía segundo a consistencia, sendo máis escura nos bordes ou nas áreas onde os taninos protexeron á árbore cando vivía.
As cores da madeira poden variar nas fotografías e á vista, dependendo da luz á que se expoñan.
Co paso do tempo a madeira irá adquirindo unha pátina máis escura.
Se é situada nun lugar onde fique exposta á luz solar directa, escurecerá máis.
A ferralla mantén a súa cor orixinal e mais as marcas de óxido, o cal foi tratado para que se estanque e non desprenda pó, tinxa a madeira ou se deteriore.
Consellos de instalación
O banco DÓLMEN entrégase montado. Só hai que colocalo no lugar escollido.
Limpeza e mantemento
Limpar, tanto a madeira coma o ferro, unicamente cun pano limpo lixeiramente humedecido para retirar po ou graxa e deixar secar antes de volver colocar elementos sobre a peza.
Non pousar sobre a madeira obxectos mollados ou que a poidan tinxir.

Pezas da mesma colección