En 13Ferrados cremos na unión entre tradición e creatividade. Os nosos produtos nacen do respecto á terra e á cultura galega, coa mirada posta na innovación e na calidade.
Cada proxecto reflicte a nosa paixón polo auténtico e o noso compromiso cun traballo responsable e sostible.
A colección CASTIÑEIRA nace a partir dos taboleiros obtidos do tronco e as pólas principais da castiñeira que lle dá nome.
A estrela da nosa primeira colección é a gran castiñeira central, derrubada en 2021 tras secarse. Cada peza entrégase acompañada dun certificado de trazabilidade e, se o desexas, unha vez determinados a embalaxe e modo de envío poderemos darche tamén un certificado da pegada de carbono da túa adquisición.
Todas as pezas desta colección están deseñadas para un uso en interiores. Non son aptas para un emprego intensivo en exteriores. As pezas desta colección son únicas e tamén sensibles. Rogamos atender ás indicacións de instalación, limpeza e mantemento.
VENDIDA
VENDIDA
VENDIDA
En 13Ferrados unimos tradición e creatividade para dar vida a produtos auténticos, inspirados en Galicia e elaborados con compromiso, paixón e convicción.
Para brindar la mejor experiencia, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. Su consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o los identificadores únicos en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo podría afectar negativamente a ciertas características y funciones.